imprimir

LIÑAS DE AXUDAS PARA AS PERSOAS EMPRENDEDORAS EN GALICIA

22. 09. 26

No momento de crear unha iniciativa pódense solicitar subvencións e axudas para complementar o financiamento necesario para a posta en marcha do proxecto. Moi recomendable ter en conta os prazos de pagamento de moitas destas axudas. É posible que o cobro das mesmas poida non ser compatible co momento temporal no que precisamos realmente o financiamento para acometer os investimentos desexados.

Nos seguintes apartados imos botar unha ollada as mais habituais:

PAGAMENTO ÚNICO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO

Entre as fontes, propias, de financiamento temos a modalidade de pagamento único da prestación por desemprego para iniciar unha actividade profesional ou empresarial. Solicítase para cubrir os importes correspondentes coas achegas ao capital social,ou para realizar inversións para a posta en marcha da iniciativa. Se o importe que corresponda na capitalización fose superior, pódese recibir a parte restante mediante o abono mensual das cotas á Seguridade Social.

É importante coñecer os requisitos que debemos cumprir para ter dereito e as condicións de funcionamento do mesmo:

Hai unha excepción na capitalización do desemprego: quen se dea de alta coma persoa traballadora autónoma económicamente dependente (TRADE), asinando un contrato cunha empresa coa que mantivese unha relación contractual inmediatamente anterior á situación legal de desemprego ou que pertenza ao mesmo grupo empresarial daquela. 

LIÑAS DE AXUDAS PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS EN GALICIA (FONDOS EUROPEOS)

a) PROMOCIÓN DO EMRPEGO AUTÓNOMO

Céntrase naquelas persoas que decidan emprender coma traballadores por conta propia en calquera dos réxime especias por conta propia da Seguridade Social. Ten convocatoria anual.

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen no período de aplicación da axuda.

Convocatoria ano 2022: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR341D

b) PROGRAMA EMEGA (EXCLUSIVO PARA MULLERES)

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia convoca anualmente axudas económicas para a fomento do emprendemento das mulleres galegas.

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Convocatoria 2022: http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/subvencions-para-o-apoio-ao-emprendemento-feminino-programa-emega-ano-2022

FINANCIAMENTO. DIVERSAS OPCIÓNS

O punto máis complicado para calquera iniciativa emprendedora e comezar a solicitar financiamento nas diversas opcións que pode solicitar. A falla de traxectoria empresarial, ou que as persoas emprendedoras non contan con avais, ou mesmo que a iniciativa a constituír non convence á entidade financeira pode complicar o obxectivo de acadar fontes de financiamento alleo para a futura iniciativa empresarial.

Imos facer un pequeno percorrido polas entidades ENISA e ICO para coñecer como funcionan os préstamos e que particularidades ofrecen fronte a un préstamos convencional da banca comercial. Tamén analizaremos as iniciativas de mecenado para financiar proxectos.

a) PRÉSTAMOS ENISA

ENISA é unha entidade financeira de capital público creada en 1982, dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa.

A característica principal do Financiamento de ENISA é que concede Préstamos Participativos, dirixidos a Pemes e sen esixencia de garantías. A garantía do préstamo é a que ofrece a viabilidade do propio proxecto. Se o proxecto é viable, e os promotores demostran suficiente experiencia e arguméntase adecuadamente a rendibilidade do negocio, pode entrar por esta vía de financiamento. É dicir, unha parte dos intereses do préstamo participativo ENISA vaise devolvendo en función aos resultados da empresa.

Persoas beneficiarias: Persoas emprendedoras que constitúan empresas innovadoras e competitivas. Ou aqueles que tiveran constituído a Peme nos 24 meses anteriores á solicitude.

Requisitos: 

Condicións:

b) ICO Garantía SGR/SAECA

O Instituto de Crédito oficial, ICO, conta cunha liña de préstamos para autónomos/asempresas e entidades públicas ou privadas que conta co aval dunha Sociedade de Garantía Recíproca (SGR/ SAECA).

Imos ver algunhas das características dos mesmos:

CONDICIÓNS XERAIS 

Cales son as comisións?

Prazos de amortización e carencia esixible

Dende 1 ata 15 anos con ata 3 anos de carencia en función dos prazos.

Garantías esixibles

Tras da análise que fará a entidade de crédito, será a SGR /ou SAECA de cada solicitude as que determinarán as garantías a achegar.

CROWFUNDING E FINANCIAMENTO ÉTICO

As entidades de finanzas éticas conxugan a obtención de beneficios sociais e económicos, polo que imos coñecer a clasificación básica das mesmas. Temos:

Nos vindeiros apartados revisaremos opcións de financiamento alternativas, útiles para ideas ou proxectos empresariais, e que escapan un pouco dos clásicos préstamos e créditos avalados que maioritariamente funcionan na operativa habitual da banca tradicional.

AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

Cada concello pode ter unha liña de axudas propias á creación de empresas. No caso da Estrada, cada ano convócase unha axuda dirixida ás persoas que iniciaron a súa actiidade empresarial no ano inmediantamente anterior ao da convocatoria.

A axuda ten un alcalce de ata 2.000 euros

Acostuma a convocarse no mes de marzo

Convocatoria ano 2022: http://emprego.aestrada.gal/index.php/blog/blog-3/4647-concello-da-estrada-convoca-as-axudas-municipais-a-creacion-de-empresas-2022

FONTE: fegamp