imprimir

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA OS PREMIOS ANUAIS AO EMPRENDEMENTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

22. 11. 28

Constitúe o obxecto destas bases aprobar e regular a convocatoria pola que se rexen as solicitudes de participación nos Premios anuais de emprendemento da provincia de Pontevedra, dentro do Programa de apoio ao empredemento, crecemento empresarial e innovación, que se outorgan en colaboración coa Fundación Roberto Rivas.

A participación e a concesión dos premios efectuarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como os de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

As dúas iniciativas que premiaranse nos Premios anuais de emprendemento son:

• Premio á mellor iniciativa de emprendemento rural: 4.000€.

Nesta categoría, premiaranse aqueles proxectos cunha proposta de valor viable, capaz de ter un impacto positivo na provincia de Pontevedra, impulsando o emprendemento ou xerando emprego nas zonas rurais e que, ademais, realice algunha acción sostible na contorna local.

• Premio á mellor iniciativa de emprendemento por proposta de negocio e compromiso sostible e dixital: 3.500€.

Nesta categoría, premiaranse aqueles proxectos viables economicamente con base tecnolóxica que incorporen algún elemento innovador e que, ademais, conten unha estratexia de desenvolvemento dixital continuo. Valoraranse positivamente aqueles proxectos que xeren un impacto positivo, impulsando a sustentabilidade das empresas ou na contorna da provincia de Pontevedra.

As contías dos premios serán únicos e estarán suxeitos ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

Poderán concorrer aos premios aquelas persoas físicas emprendedoras, residentes na provincia de Pontevedra ou que desenvolvan a súa actividade na provincia de Pontevedra, que conten con proxectos vixentes, nas súas fases máis temperás, que se desenvolvan na provincia de Pontevedra.

Non poderán beneficiarse das accións dos premios as persoas físicas ou xurídicas solicitantes que incumpran algún dos requisitos especificados nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e finalizará o 7 de decembro de 2022.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/11/28/2022070871