imprimir

COMO SOLICITAR O CERTIFICADO DE SERVIZOS DURANTE O SERVIZO MILITAR PARA COMPUTAR NA TÚA PENSIÓN

23. 02. 09

O tempo que millóns de españois dedicaron ao servizo militar obrigatorio unicamente tense en conta para a xubilación anticipada. Explicamos como obter o certificado que permite contabilizar ata un ano de cotización adicional.

A norma xeral é que o período de “mili” obrigatoria non se ten en conta para as cotizacións da pensión de xubilación. Son meses, ou máis dun ano nalgúns casos, nos que o mozo nin puido traballar pola súa conta, nin o seu traballo no exército serviu para aumentar as súas cotizacións.

A lexislación é consciente de que hai unha débeda histórica do Estado con millóns de traballadores polo tempo que dedicaron a un servizo público polo que non recibían retribución. Na disposición adicional 28ª da lei 27/2011, cuxo cumprimento se apraza ano tras ano, ínstase a que se estableza un sistema que “compense a interrupción das carreiras de cotización de quen realizou o servizo militar obrigatorio ou a prestación social sustitutoria”.

Mentres chega a lei que faga realidade esa compensación pendente, o tempo dedicado á mili ou á prestación, tan só serve para os casos de xubilación anticipada, nos que permite sumar ata un ano de tempo cotizado engadido ao que xa teña o traballador.

O impreso pode solicitarse e presentarse nas Delegacións e Subdelegacións Provinciais do Ministerio de Defensa, ou mediante un escrito certificado enviado desde Correos ás devanditas Delegacións. Nesta ligazón pode consultarse o directorio

*Debes presentar a túa solicitude na delegación provincial que che sexa da aplicación. No caso da Estrada, na de Pontevedra

Xunto á instancia  hai que acompañar a seguinte documentación:

INSTANCIA

Se tes algunha dúbida podes chamar directamente á DELEGACIÓN DE DEFENSA EN GALICIA: 981 121 752
De luns a venres: de 8:30 a 14:30 h.