imprimir

AXENCIA TURISMO DE GALICIA ABRE PRAZO DE ADHESIÓN ÁS EMPRESAS TURÍSTICAS DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA BONO TURÍSTICO QUEDAMOS EN GALICIA 2

21. 03. 23

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia2 e se abre o prazo para a presentación das solicitudes de participación (código de procedemento TU985C).

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar no que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Duración da prestación
Os servizos, actividades ou produtos turísticos poden prestarse desde o día da entrega pola entidade colaboradora da tarxeta prepagamento aos beneficiarios e ata o 15 de decembro de 2021, no que este programa quedará extinguido.

O prazo de presentación das solicitudes de adhesión das empresas turísticas estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata a finalización do programa, o 15 de decembro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0256-180321-0001_gl.pdf