SECRETARIA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CONVOCA CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1,2,3 E 4

21. 02. 03
 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).

Duración
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves. No caso de suspenderse algunha sesión por coincidir cunha festividade local ou por outra circunstancia, esta recuperarase ao longo do curso.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0598-220121-0001_gl.pdf