XUNTA DE GALICIA FACILÍTACHE A FORMACIÓN PARA QUE POIDAS SUPERAR AS PROBAS LIBRES DE COMPETENCIAS CLAVE

22. 12. 16

Para que poidas prepararte, ao teu ritmo en modo de autoformación, de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego os oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 das competencias clave.

Ten en conta que a realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente.

Esta formación en liña é unha canle de apoio e axuda para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres. Aproveita estes contidos!

Información completa: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/10-demandantes/demandantes-gl/340-compentecias-clave.html

Acceso ao campus de formación: https://campusvirtualemprego.xunta.gal/course/index.php?categoryid=2