on 24 Febreiro 2023

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Persoas destinatarias

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0655-010223-0001_gl.pdf

on 24 Febreiro 2023

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023 (código de procedemento ED527A)

Carnés profesionais:

– Carné profesional de instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230224/AnuncioG0655-170223-0002_gl.pdf

on 16 Febreiro 2023

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 27 de febreiro de 2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230216/AnuncioO150-080223-0001_gl.pdf

on 15 Febreiro 2023

G12 GRUPO EMPRESARIAL DE SERVICIOS, S.L.G12 GRUPO EMPRESARIAL DE SERVICIOS, S.L.

Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.

Requisitos mínimos de acceso: Bacherelato ou equivalente

Presentación de solicitudes ata 17/02/2023

DATA INICIO: 20/02/2023

DATA FIN: 28/06/2023

HORARIO: 15:30-20:30

HORAS: 468

ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polígono do Tambre Santiago de Compostela

INSCRIPCIÓNS:INSCRIPCIÓNS:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ÉFONO: 669925419

on 14 Febreiro 2023
Desde o 10 de febreiro hastal o 10 de marzo
 
Se estás titulada/o nun centro universitario ou de FP Superior de Galicia e es beneficiaria/o de Garantía Xuvenil, isto interésache!
 
Acompañarante no teu proceso de acceso ao mundo laboral:
 
🔵 Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a procura de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa tutorización dunha persoa mentora.
🔵 Actividades formativas: dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
🔵 Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
🔵 Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa. Xa podes facer a túa inscrición na web: https://www.xuventudementoring.gal/
 
on 14 Febreiro 2023

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba e titular pola modalidade de Artes as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.

As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou de un deles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230214/AnuncioG0655-030223-0002_gl.pdf