on 13 Novembro 2024

Accións formativas 2024-2025 dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas concedidas nos concellos da Estrada e Cuntis

Persoas interesadas poñerse en contacto coa empresa que impartirá a formación.

Localidade COD. CURSO ENTIDADE COD. ESPECIALIDAD ESPECIALIDADE DATA SELECCIÓN INICIO FIN
A ESTRADA 2024/003675 Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L. SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais   10/09/2024 24/01/2025
A ESTRADA 2024/003688 Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L. SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil   16/09/2024 20/12/2024
A ESTRADA 2024/003713 Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L. FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2   12/09/2024 21/10/2024
A ESTRADA 2024/003714 Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L. FCOV23 COMPETENCIA MATEMÁTICA N2   28/10/2024 05/12/2024
A ESTRADA 2024/003715 Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L. CTRC0002 Comunicación en lingua galega N2   11/12/2024 24/01/2025
A ESTRADA 2024/002371 Fundación Cultural da Estrada ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais 02/12/2024 16/12/2024
A ESTRADA 2024/002489 Fundación Cultural da Estrada ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos   29/04/2025
A ESTRADA 2024/003896 Instituto de Formacion Profesional da Estrada ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais 11/11/2024 25/11/2024 02/04/2025
A ESTRADA 2024/003906 Instituto de Formacion Profesional da Estrada ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos   16/05/2025 12/09/2025
A ESTRADA 2024/003884 Instituto de Formacion Profesional da Estrada SANT0208 Transporte sanitario   18/04/2025 10/09/2025
A ESTRADA 2024/003898 Instituto de Formacion Profesional da Estrada IFCT0210 Operación de sistemas informáticos 11/11/2024 18/11/2024 16/04/2025
A ESTRADA 2024/003897 Instituto de Formacion Profesional da Estrada ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais   19/12/2024 18/04/2025
A ESTRADA 2024/003900 Instituto de Formacion Profesional da Estrada ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos 07/11/2024 18/11/2024 21/03/2025
CUNTIS 2024/001444 Concello de Cuntis (Centro de F. Ocupacional A Ran) SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais   02/09/2024 22/09/2025
CUNTIS 2024/001445 Concello de Cuntis (Centro de F. Ocupacional A Ran) FCOV32 Competencias clave nivel 2 para certificados de profesionalidade con idioma galego: Comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática   10/01/2025 29/04/2025
on 05 Novembro 2024

DATA: 24 de novembro de 2024

Reserva a túa praza contactando a través do teléfono: 633 339 501 ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 05 Novembro 2024
  1. TRANSPORTE SANITARIO. SANT0208.
  • Habilita para traballar como conductor/a de ambulancia en servizo programado.
  • Requisitos mínimos de acceso (ESO, COMPETENCIAS CLAVE N2, FP…).
  • Data de comezo 18/11.
  • Horario de 9:30 a 14:30.

* O 4/12 comezaremos outra edición pero en horario de tarde (15:30 a 20:30).

  1. ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA. ADGD0308.
  • Requisitos mínimos de acceso (ESO, COMPETENCIAS CLAVE N2, FP…).
  • Data de comezo 20/11.
  • Horario de 15:30 a 20:30.

  1. EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO. SEAD0111.
  • Requisitos mínimos de acceso (ESO, COMPETENCIAS CLAVE N2, FP…).
  • Data de comezo 25/11.
  • Horario de 15:30 a 20:30.

  1. OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS. ADGG0408.
    • SEN REQUISITOSDE ESTUDIOS MÍNIMOS PARA O ACCESO.
    • Data de comezo 2/12/2024.
    • Horario de 9:00 a 14:00.

Recalcar que estes cursos son gratuítos, subvencionados pola XUNTA DE GALICIA e dispoñen de becas para o alumnado desempregado.

Persoas interesadas contactar con Tamara Barreiro nos teléfonos: 689 939 329 - 881 083 914

on 28 Outubro 2024

Obxecto: O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar os estudos que dean acceso aos postos de técnicas ou adestradoras en clubs deportivos e de xuízas e árbitras nas diferentes modalidades deportivas.
Persoas beneficiarias: Poderán beneficiarse das axudas desta convocatoria as mulleres nadas e residentes na actualidade nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra ou as mulleres non nadas na provincia de Pontevedra pero empadroadas desde o 1 de xaneiro de 2024 nalgún dos concellos da provincia.
Gastos subvencionables:
Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada. Terán esta consideración:
— Os gastos de matrícula dos diferentes títulos oficiais que dan acceso, nas diferentes modalidades, aos postos de adestradora ou técnica, xuíza ou árbitra; estes poderán ser impartidos polas federacións deportivas (autonómicas ou estatais) ou polos diferentes centros de ensinanzas deportivas de réxime especial.
— Os gastos de matrícula das formacións federativas iniciadas en 2024 para obter o diploma que capacita para adestrar a deportistas en idade escolar e participar en competicións federativas.
A matrícula deberá ser realizada no 2024 e os estudos poderán rematarse no mesmo ano ou comprender o ano lectivo 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións, e finalizará o 30 de novembro de 2024.

Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/10/28/2024070078

Sede: https://sede.depo.gal/web/

on 28 Outubro 2024

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U. 17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:

– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241028/AnuncioG0766-211024-0003_gl.pdf

on 21 Outubro 2024

No marco do Programa Vives Emprende (Acción Contra a fame) organizan o taller en liña e gratuíto “EMPRENDEMENTO E INMIGRACIÓN: Todo o que necesitas saber”  no que coñeceremos as situacións legais e acceso ao emprendemento para aquelas persoas que se atopan en procesos migratorios de estranxeiría e protección internacional en Galicia.

Será o martes 12 de novembro de 10 a 14 horas e para participar as persoas interesadas só se teñen que rexistrar no formulario accedendo no link do evento. Fai clic aquí

No caso daquelas persoas que queiran profundar na fórmula emprendedora, posteriormente terán tamén en modalidade en liña o ciclo de talleres “Da Idea ao Mercado”  os días 26, 27 e 28 de novembro de 10:30 a 13:30.