Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERIA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO A DOMICILIO

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar as seguintes actividades:
1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.  Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido.

Conceptos subvencionables
1. Serán subvencionables os gastos e investimentos, realizados entre o 1 de outubro de 2020 e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas, necesarios para desenvolver as actividades descritas no artigo 1, que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do
programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

2. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables:
a) A instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.

b) A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparellos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparellos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía
de fontes renovables.

A contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 €.

Para as actuacións previstas no artigo 6.2.a) o investimento máximo subvencionable será de 14.000 €.
Para as actuacións previstas no artigo 6.2.b) o investimento máximo subvencionable será de 7.000 €.
Para as actuacións previstas no artigo 6.2.c) o investimento máximo subvencionable será de 4.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201203/AnuncioO92-261120-0001_gl.pdf