Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

NOVAS MEDIDAS URXENTES DE APOIO AO SECTOR UTRÍSTICO, HOSTELERÍA E COMERCIO POLO MIÚDO APROBADAS POLO GOBERNO DE ESPAÑA

En qué consisten as NOVAS MEDIDAS URXENTES DE APOIO AO SECTOR UTRÍSTICO, HOSTELERÍA E COMERCIO POLO MIÚDO aprobadas onte polo goberno?

O obxectivo é aliviar a situación de empresas e autónomos/as para que poidan manter a súa viabilidade

As medidas divídense en 5 BLOQUES:

1.- Medidas dirixidas a ARRENDAMENTOS DE LOCAIS DE NEGOCIOS:

- Recupérase e amplía para os grandes propietarios, a renegociación, condonación e/ou o aprazamento de pago do alugueiro mentres dure o estado de alarma e as súas prórrogas.
- Se as partes non chegan a un acordo, o/a arrendatario/a poderá optar entre as seguintes opcións:
. Reducción do 50% da renda arrendaticia
. Moratoria no pago da renda

Aplicarase durante o estado de alarma, as súas prórrogas e ata 4 mensualidades tras a súa finalización.

- Para o resto de arrendadores/as de locais, establécese un INCENTIVO FISCAL NO IRPF polo que os/as propietarios/as dos locais poden desgravar a rebaixa na renda que acorden cos seus inquilinos durante o primeiro trimestre de 2021.

2.-MEDIDAS DE LIQUIDEZ:

- Ampliación dun ano na carencia dos préstamos avalados polas liñas ICO e polas sociedades de garantía recíproca das CC. AA. con reafianzamiento de CERSA, así como de 3 anos do seu período de amortización ata unha máximo de 8 anos.

- Creación dun novo tramo da liña de avais do ICO de 500 M€ cun 90% de aval do Estado.

- Creación dunha Sociedade de Garantía Recíproca de carácter exclusivamente turístico para facilitar o acceso ao financiamento mediante garantías.

3.- MEDIDAS TRIBUTARIAS:

- Aprobase un novo aprazamento de 6 meses de débedas tributarias correspondentes a declaracións-liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación e ingreso finalice desde o 1 de abril ata o 30 de abril de 2021, ambos inclusive.

- Redución do rendemento neto en estimación obxectiva (IRPF) e cota do réxime simplificado (IVE/IVE) do 35% para o cuarto pago fraccionado de 2020 e para o primeiro pago de 2021.
- Ademáis, apróbanse outras medidas para aliviar a carga fiscal de empresas e autónomos.

4.- MEDIDAS LABORAIS E SEGURIDADE SOCIAL:

- Esténdense as exencións do RDL 30/2020 de medidas sociais en defensa do emprego a sectores que pasan a ser hiperprotexidos: comercio ao por maior de bebidas, restaurantes e postos de comidas, establecementos de bebidas, e outros.

- As empresas destes sectores estarán exoneradas de pagar parte das cotizacións sociais devindicadas en decembro de 2020 e xaneiro de 2021. Terán unha redución do 85% nas súas cotizacións sociais se a empresa ten menos de 50 traballadores e do 75% se teñen 50 ou máis.

- Outra medida recolle o aprazamento no pago das cotizacións á Seguridade Social, que se incluíu nos PGE2021 e da que poderán beneficiarse tanto empresas como autónomos.

- Ademáis, aplicaranse bonificacións á contratación de fixos descontinuos.

5.- MEDIDAS REGULATORIAS:

- Flexibilízanse os requisitos para o mantemento dos incentivos rexionais.

- Amplíase a moratoria para presentar concurso de acredores.

- Establécese un réxime transitorio das zonas de gran afluencia turística para 2021.