Axencia Galega de Innovación
RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN854A)
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico. As empresas poderán ser grandes ou pemes.
b) Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, que realicen proxectos en cooperación.
Prazo de presentación de solicitudes
A empresa líder da agrupación presentará a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180604/AnuncioG0198-230518-0001_gl.pdf