NOVO PROGRAMA FORMATIVO EN EMPRENDEMENTO MUSICAL NA CORUÑA
A Fundación Paideia Galiza e a EOI organizan un novo programa formativo gratuíto dirixido a músicos/as emprendedores/as que queiran definir o plan de negocio dos seus proxectos artísticos.
Trátase un programa de desenvolvemento profesional que ofrece unha formación especializada a través de clases presenciais combinadas con titorías individuais. A formación desenvolverase simultaneamente na Coruña, Selecta e Barcelona, tras un proceso de selección dos proxectos participantes.