Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

PIDE CITA COAS PERSOAS RESPONSABLES DA FUNDACIÓN ONCE-INSERTA NA ESTRADA

Recorda que podes solicitar cita para ser atendido/a polas persoas responsables do proxecto de inserción laboral que a Fundación Once-Inserta presta cada martes na Estrada ( sempre baixo cita previa)

QUÉ SERVIZOS SE PRESTAN?

O Concello da Estrada e a Asociación Insere Emprego -entidade sen ánimo de lucro creada pola Fundación ONCE- se alían para mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade independentemente de cal sexa o lugar de residencia.

O servizo está orientado á procura e oferta de oportunidades laborais para discapacitados/as que atoparán tódolos martes na primeira planta do consistorio estradense, de 9.00 a 14.00 horas, un espazo especializado na atención a empresas e a candidatos.

O servizo atende con previa cita a todas as persoas con discapacdade que soliciten a súa inclusión na bolsa de emprego do ente, brindándolles ademais asesoramento para atopar un traballo.

QUEN SE PODE BENEFICIAR DESTE SERVIZO?

Deben ser persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade recoñecida pola Seguridade Social. 

CÓMO SOLICITO PARTICIPAR NESTE PROGRAMA?

Para entrar no seu circuíto, podes rexistrarte a través do enlace web: www.portalento.es  a "cara do servizo" para empresas e persoas candidatas.

No primeiro rexistro básico como candidato/a, o/a interesado/a debe achegar un enderezo electrónico, un nome de usuario/a e un contrasinal para acceder ao seu parte privada.

Devandito rexistro, para as persoas que teñan dificultades á hora de manexar as novas tecnoloxías, tamén se poderá realizar no propio espazo que se abrirá desde o martes no consistorio estradense ou mesmo, a través do servizo de axente de emprego local (ADL) ou de orientación laboral do concello.

No seu primeiro rexistro, a persoa con discapacidade debe achegar copia do seu DNI, do certificado de discapacidade e da tarxeta de demanda de emprego, debidamente selada e actualizada.

Tras ese primeiro rexistro, Inserta Emprego contactará coa interesada/o para concertar unha cita, na que lle realizaría unha entrevista orientada a coñecer o seu perfil, analizando a súa discapacidade e as súas posibles repercusións nun posto de traballo, o seu perfil profesional e as súas expectativas, abordando ademais cuestións de orientación laboral para definir ben o seu perfil e analizando se presenta algunha necesidade formativa.

Logo arrincará unha fase de intermediación coas empresas. Trátase dunha iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo que podería reforzarse proximamente, agregando a presenza semanal da orientadora María Curral de Insirta Emprego se a Unión Europea prorroga o Programa Operativo de Emprego Xuvenil que estivo vixente ata o pasado 31 de outubro. Se se confirma dita prórroga, Curral prestaría asesoramento específico a mozos de ata 30 anos.

Unha vez que coñeza os seus perfís, Inserta Emprego deseñará os plans seguintes. Poderá proporcionarlles formación superior pero tamén cursos de carretillero, almacén, inglés ou mesmo talleres de procura actiuva de emprego, en función das súas necesidades e das necesidades do tecido empresarial da zona.

Trátase  de favorecer a inserción laboral, especialmente de colectivos desfavorecidos como o das persoas con discapacidade.

Se desexas pedir cita dun xeito máis sinxelo, podes facelo telefónicamente chamando ao 981 554 483.

Se queres recibir máis información sobre o servizo podes chamarnos ao 986 677 740, enviarnos un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou achegarte ao concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.