Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

QUERES PARTICIPAR NO PROXECTO LABORA 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA?

O proxecto Labora 2020 é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo para a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.

OBXECTIVOS

Realizar 11 itinerarios integrados e personalizados de inserción laboral dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade. Formar a 855 persoas da provincia de Pontevedra a través de itinerarios personalizados para a mellora da súa formación e empregabilidade.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

O proxecto Labora 2020 diríxese a COLECTIVOS VULNERABLES.

As persoas destinatarias deberán pertencer PREFERIBLEMENTE aos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex-reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.

REQUISITOS:

  • Estar inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego e a situación de desemprego deberá concorrer ao inicio da formación.
  • Pertencer PREFERIBLEMENTE a algún dos colectivos expostos no apartado anterior.
  • Non estar incapacitada nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da formación teórica e práctica.
  • Acreditar o cumprimento do nivel académico necesario para o acceso ao certificado de profesionalidade de elección.

Os itinerarios formativos están asociados á obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE correspondente.

Os requisitos de formación para cada un dos niveis dos certificados de profesionaldiade son:

  • NIVEL 1: sen requesitos formativos nin profesionais.
  • NIVEL 2: estar en posesión do título de graduado ou graduada en ESO. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académicode acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente. 
  • NIVEL 3: Estar en posesión do título de bacharelato. Estar en posesión dun certificado de profesionaldiade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder. Estar eb posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a probad e acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
  • Ademais dos requisitos de acceso ao certificado de profesionalidade, o alumnado do itinerario formativo de Socorrismo en instalacións acuáticas deberá superar as probas físicas que se consideren necesarias como pode ser a proba a nado.

Procedemento

En cumprimento dos requisitos esixidos no Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación de Pontevedra para a acreditación da formación impartida no marco do Proxecto “Labora 2020”, segundo a cláusula 2.ª. 2 deste convenio, será obriga da Deputación de Pontevedra seleccionar o alumnado a través da oferta de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Se as persoas derivadas a través da oferta de formación do SPEG non son suficientes ou se estas non cumpren os requisitos de acceso, as persoas participantes poderanse seleccionar a través de vinculación directa.

As persoas interesadas deberán:

• Solicitar a formación correspondente na oficina correspondente do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso

• Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I “Solicitude de participación”, que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica

— Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)

— Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A preinscrición supón o coñecemento e a aceptación incondicional destas bases reguladoras. Non axustarse aos termos da convocatoria, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da LSG.

Prazo

A data de inicio de cada acción formativa publicarase en www.depo.gal/labora-2020 e na sede electrónica https://sede.depo.gal. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde a publicación destas bases de selección ata o inicio da acción formativa.

 Selección

Para a selección das persoas participantes a Deputación de Pontevedra presentará unha oferta de formación ao SPEG co fin de que esta entidade realice unha sondaxe de posibles persoas candidatas. Os criterios de selección que se aplicarán serán:

• Cumprimento dos requisitos esixidos no certificado de profesionalidade, a excepción do itinerario de competencias clave, onde non é necesario cumprir requisitos de formación ou educación

• Pertenza a grupos ou colectivos de vulnerabilidade no emprego

O equipo técnico do proxecto “Labora 2020” poñerase en contacto coas persoas derivadas polo SPEG.

No caso de selección por vinculación directa contactarase coas persoas que realizasen a súa preinscrición e non fosen derivadas polo SPEG para realizar a entrevista de selección. Estas persoas citaranse por orde de inscrición ata acadar o número máximo de participantes para cada unha das edicións (15 persoas).

AS PERSOAS PARTICIPANTES TERÁN DEREITO A UNHA BOLSA POR DESPRAZAMENTO *

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/10/01/2019048138