Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

COÑECES O CENTRO PROVINCIAL DE ECONOMÍA DIXITAL, SMARTPEME CPED?

O CPED, situado no viveiro de empresas de Barro-Meis, ten como obxectivo axudar as persoas emprendedoras, autónomas e pemes da provincia de Pontevedra a descubrir as ferramentas e aplicacións máis relevantes da economía dixital co apoio das instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten no viveiro.

ASESORAMENTO E ACTIVIDADES FORMATIVAS

Trátase dun centro de referencia avanzado no cal as persoas usuarias poderán informarse, a través de sesións de asesoramento individual e actividades formativas grupais, na implantación destas tecnoloxías avanzadas para as súas empresas sen necesidade de contar con experiencia previa.

Realízanse itinerarios formativos de carácter práctico nos que as persoas asistentes poden iniciarse e profundar no emprego destas tecnoloxías disruptivas.

QUÉ HAI NO FabLab?

  • Impresoras 3D BQ
  • Impresora 3D Ultimaker 2+
  • Escáner Sense 2
  • Escáner XYZ
  • Kits de Arduino
  • Kits de Robótica
  • Actuadores e sensores

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

De luns a venres, de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas

Solicita a túa cita previa nos puntos SmartPeme:

Na Estrada, os primeiros e últimos mércores de cada mes en horario de mañá e tarde nas instalacións do Viveiro de Empresas (1º andar do edificio do Novo Mercado).

No teléfono: 886 202 020

Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

smartpeme.depo.gal

CENTRO PROVINCIAL DE ECONOMÍA DIXITAL

SmartPeme Barro-Meis

Viveiro de empresas (Oficina número 18)

Polígono Industrial Barro, parcelas A4.5- 36191