Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO CONCELLO DA ESTRADA : CONTRATACIÓN DE 20 PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

A Xunta de Goberno Local da Excma. Deputación de Pontevedra na súa sesión extraordinaria do día 4 de maio de 2020, concedeu a este concello unha subvención por importe de 195.542,86 €uros, ao abeiro do Plan Concellos2020, correspondente á liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. (BOP n.º 1, do 02.01.2020).


O obxecto desta subvención é a contratación de 20 persoas desempregadas inscritas no Servizo público de emprego de Galicia, como demandantes non ocupados, nas seguintes ocupacións:

  • Conserxe
  • Oficial 1ª Fontaneiros/as
  • Electricista (axudante)
  • Oficial 1º Albaneis
  • Peón forestal
  • Peón de obras públicas
  • Condutor/a camión

TODA A INFORMACIÓN

As persoas interesadas deben inscribirse no INEM nalgunha destas categorías porfesionais.

Para inscribirte no INEM nalgunha destas categorías tes que chamar ao 886 159 337 ou facelo a través do servizo de cita previa na sede electrónica do SEPE: https://sede.sepe.gob.es/citaprevia/solicitudCitaPrevia.do

Para máis información chamar ao departamento de persoal municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas no 986 677 723