Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

SUBSIDIOS POR DESEMPREGO AOS QUE PODES ACCEDER SE NON TES DEREITO A PARO OU SE XA O REMATACHES DE COBRAR

A cantidade económica que se recibe cos subsidios é de 430,27 euros ao mes (80% do  IPREM) e a duración do subsidio varía duns casos a outros.

Todas as  persoas que cotizaron polo menos un ano teñen dereito a cobrar o paro pero, unha vez esgotada esa prestación contributiva, existen varias circunstancias que permiten aos cidadáns ter dereito a subsidios. Trátase de axudas asistenciais que se conceden a persoas rexistradas como demandantes de emprego que, por diferentes motivos, non teñen rendas superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional ou que non chegaron a cubrir o período mínimo obrigatorio para poder pedir o paro.

  • Subsidio por insuficiencia de cotización

Esta é a prestación económica destinada a aquelas persoas desempregadas que non teñen dereito a paro porque non chegaron a cotizar o mínimo de 360 días ao ano. Se se teñen responsabilidades familiares, basta con 3 meses cotizados para podelo solicitar, senón, son necesarios 6 meses.

  • Subsidio por Axuda Familiar a desempregados

Pódeno solicitar as persoas que esgotando a prestación do paro, teñan ao seu cargo un cónxuxe que dependa económica do solicitante ou fillos ao seu cargo menores de 26 anos. Deben ser desempregadas, estar dados de alta no SEPE como demandantes de emprego.

  • Subsidio destinado a maiores de 45 anos

As persoas destinatiarias son desempregadas entre 45 e 52 anos, que esgotasen o paro e estean inscritas no SEPE como demandantes de emprego.

  • Subsidio para maiores 52 anos

Poden percibilo ata que a persoa solicitante se xubile. Para recibila hai que constar como desempregados/as na oficina de emprego, cotizar polo menos 6 anos durante toda a súa vida laboral e cumprir cos requisitos necesarios para percibir a pensión de xubilación no futuro.

  • Subsidio destinado a emigrantes retornados

Para incentivar o retorno ao noso país, as persoas españolas que traballasen durante uns anos nun país que non teña convido bilateral de desemprego con España ou estea fose do espazo económico europeo poderán solicitar este subsidio.

  • Axuda por mellora dunha incapacidade

Está destinada a aquelas persoas que recibían unha pensión de invalidez e ao mellorar da súa enfermidade, quítaselles a pensión que ata ese momento obtiñan. Ao non contar con recursos suficientes para a supervivencia, o Estado ampáralles economicamente.

  • Subsidio para aquelas persoas que son liberadas de prisión

Esta prestación económica ofrécese a aquelas persoas que estiveron en prisión máis de 6 meses e carecen dos requisitos necesarios para recibir calquera outro tipo de subsidio. Para conseguila hai que inscribirse como demandante de emprego dentro dos 30 seguintes á excarceración e permanecer inscritos un mes.

 

CÓMO SOLICITALOS?

Podes pedir cita a través da sede electrónica do SEPE: aquí

Podes facelo a través do formulario de pre-solicitudeaquí