Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

QUERES REXISTRARTE NA PLATAFORMA DE COMERCIOS MERCA NA ESTRADA?

O Concello da Estrada ven de poñer en marcha unha plataforma web para que os comercios; hosteleiros/as e aquelas persoas que desenvolvan unha actividade económica na Estrada se poidan rexistrar para vender os seus produtos e servizos a través da mesma.

REQUISITOS:

  • Ter o domicilio fiscal ou social na Estrada
  • Estar dado/a de alta como autónomo/a ou nalgunha das formas xurídicas que se contempla na lexislación vixente
  • Manter estas cirustancias durante todo o tempo que se permaneza na plataforma

O rexistro na plataforma é TOTALMENTE GRATUÍTO así como o SOPERTE que se lle vai prestar ás empresas que se adhiran.

Á plataforma accédese a través do dominio mercanaestrada.gal Con todo, polo momento non se poden realizar compras en liña, xa que o portal está aínda na fase de carga de produtos. Desde hoxe mesmo, os/as comerciantes, empresarios/as e hostaleiros/as que o desexen poderán entrar na plataforma para empezar a rexistrar os seus negocios.

Trátase dunha plataforma moi flexible, que permite que os/as comerciantes elixan o grao de introdución no comercio dixital que máis lles convén. No caso de optar pola venda en liña, o sistema tamén lles permite elixir o sistema de pago e de entrega da mercadoría.

  • Tres modos de adhesión

A plataforma ofrece tres modos de adhesión aos negocios.

  1. O primeiro é o MODO PÁXINA WEB, que consiste en ofrecer información de horarios de apertura, imaxes ou información sobre as marcas coas que se traballa. Permite mellorar a relación cliente-comercio sen ir máis aló. Nesta opción se o negocio xa dispón de web, permítese enlazar directamente a mesma. PODES REXISTRARTE AQUÍ
  2. O segundo é o MODO ESCAPARATE, no que os negocios poden subir fotos dos seus produtos a modo de catálogo, exhibindo a súa oferta en tenda pero sen chegar a vender a través de Internet.PODES REXISTRARTE AQUÍ
  3. O terceiro é o modo TENDA EN LIÑA, no que cada comercio pode elixir o método de pago e o sistema de entrega da mercadoría.PODES REXISTRATE AQUÍ

Os/as comerciantes poden entrar desde hoxe na plataforma para empezar a aproveitar as súas vantaxes. En días sucesivos -grazas a un convenio co GDR Terras de Pontevedra Norte- contarán cun profesional que lles ofrecerá asesoramento individualizado para cargar os produtos e mesmo asumirá este traballo para que as barreiras tecnolóxicas non lles impidan acceder ao comercio dixital.

Os/as clientes tamén poden entrar xa na web e subscribirse. PODES REXISTRARTE AQUÍ

Calcúlase que a venda en liña a través da plataforma comezará en outubro. Será cando teñan cargados os seus catálogos o número de comercios suficiente como para contar cunha oferta global atractiva. 


Aos clientes que entren xa na plataforma e se subscríban avisaráselles cando se active a venda en liña.

  • ¿Precisas axuda?

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

986 097 364

A plataforma dispón dun ASISTENTE que che prestará soporte  24 HORAS 

http://mercanaestrada.gal/?cn-reloaded=1

Se tes calquera dúbida podes contactar co departamento de emprego do Concello da Estrada no teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas.