Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More
CURSO DE COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA USC

Xa están aquí os Cursos de Competencias en Información que organiza a Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. 

Hai dúas modalidades:

Nivel básico: para alumnado de 1º e 2º de Grao. Prazo de matrícula: 21/09/2020 - 05/10/2020

Nivel avanzado: para alumnado de 3º e 4º de Grao. Prazo de matrícula: 30/09/2020 - 14/10/2020

Os cursos son online e gratuitos, podes matricularte na Secretaría Virtual e, se os superas, podes optar a un Crédito ECTS! 

Na seguinte ligazón atoparás toda información e instruccións para a matrícula: 

https://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/econempresa/formacion.html?fbclid=IwAR33RDVFRCsOpJdyrMhczA8ZjVyOZKQXfUo5rt66unHuKwZp8O6BGxuWnRg

Read More
QUERES FORMARTE EN COMPETENCIAS DIXITAIA? ACCEDE AO CATÁLOGO DE CURSOS GRATUÍTOS DO PROGRAMA "DIXITALÍZATE"

Accede aos cursos gratuítos ofrecidos por grandes empresas e actualiza os teus coñecementos.

Entra agora e comeza a túa formación!

https://www.fundae.es/digitalizate

Read More
WEBINAR: A NECESIDADE DE REINVENTARSE POR MOR DA COVID-19

Desde o Viveiro de empresas de Lalín (Deputación de Pontevedra) invitache a participar no I Almorzo Webinar “Inspirándonos”(emitida a través de Zoom) cuxo título A necesidade de reinventarse por mor da Covid- 19 permitira coñecer a experiencia de 4 pequenas e medianas empresas que foron quen de adaptarse as novas demandas do mercado xurdidas a raíz do Covid-19.

A cita será o vindeiro, 01 de outubro ás 10:00 horas.

Inscricións no formulario: https://www.depo.gal/-/i-almorzo-webinar-inspirandonos

Read More
CURSO HÁBITOS PARA A COMUNICACIÓN E O TRABALLO EN EQUIPO NO DEPORTE E O OCIO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN 2020

Organiza: Special Olympics Galicia.

Data de celebración: Sábado 26 de setembro de 2020.

Duración: 8 horas.

Horario: 10:00 a 14:00 e 15:30 a 19:30

Lugar de celebración: Salón de Actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-A. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Prezo: Gratuíto. Subvencionado pola Xunta de Galicia.

Nº prazas: 25 prazas.

Destinatarios/as: Profesionais do voluntariado e Voluntarios/as en entidades sociais (maiores de 16 anos).

Prazo de inscrición: mércores 23 de setembro.

Máis información: https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-special-olympics-galicia-habitos-para-comunicacion-e-o-traballo-en-equipo-no-deporte-e

Read More

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2020 pola que se convoca un curso de reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas, válido para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia na sección de Socorristas en instalacións acuáticas que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 30 de setembro de 2021. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS