Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Consellería de Economía, Emprego e Industria
RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código do procedemento TR306A).

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.

A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 23 de marzo de 2018.

Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180226/AnuncioG0424-200218-0001_gl.pdf

Read More
PROXECTO REDNAMAN: PROGRAMA EMPREGAVERDE, EIXO CREA

OBXETIVO:

Promover a iniciativa empresarial e mellorar a empregabilidade no sector productivo da mazá ecolóxica en espazos da Rede Natura.

Ampliar e mellorar o cultivo e a calidade de producción ecolóxica de mazá en zonas da Rede Natura.

ACCIÓNS:

O proxecto está conformado por dous tipos de accións formativas:

1.- FORMACIÓN PRESENCIAL (100 HORAS)

2.- FORMACIÓN A DISTANCIA (100 HORAS)

Estas dúas accións teñen como obxetivo analizar e expoñer as técnicas máis apropiadas para o óptimo manexo do cultivo ecolóxico da mazá.

Persoas destinatarias: persoas en situación de desemprego

máis información: www.unionsagrarias.org 

Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  ou no teléfono 981 530 500

 

 

Read More

PROGRAMA FORMACIÓN PARA A EMPREGABILIDADE- Área de Orientación Laboral, Campus Santiago-USC

Charla Informativa: mércores 28 febreiro
"PROGRAMAS DE PRÁCTICAS PARA A INICIACIÓN PROFESIONAL",

Ven a coñecer as oportunidades de prácticas no ámbito autonómico, nacional e internacional ás que poden acceder os estudantes e titulados para iniciar a súa andadura profesional.

Data : Mércores, 28 de febreiro de 2018
Horario: 10:00h-13:00h
Lugar: Vicerreitoría de Estudantes, Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. (Aula Verde). R/ Casas Reais, 8. Santiago de Compostela

ABERTA MATRÍCULA. Actividade gratuita.

 MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Read More

Cursos para traballadoras, autónomas e desempregadas que ofrecen comeptencias e habilidades que precisas para hoxe e para o traballo de mañá.

Tes a túa disposición máis de 400 cursos totalmente GRATUÍTOS e validados polo Ministerio de Emprego.

Inscríbete a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN

Read More

Organizado por Asime Galicia e Red.es

Lugar: Ferrol, do 26 de febreiro ao 17 de abril.

Totalmente gratuito

Requisitos. Persoas inscritas no programa de Garantía Xuvenil, menores de 30 anos.

Duración: 240 horas

Máis info: http://www.asimered.es/cursos/programa-superior-en-industria-4-0-3/

Read More

O vindeiro 27 de febreiro, o centro de A Banca en Santiago de Compostela, acollerá a presentación da “Guía xurídica en lectura fácil. Titor e tutelado. Dereitos e obrigas” editada por FADEMGA Plena inclusión Galicia. A Guía convértese así nun importantísimo instrumento de información xurídica accesible para as persoas con discapacidade intelectual e familias.

Nesta publicación abórdanse diferentes asuntos de interese para o noso colectivo, como son a tutela, a modificación xudicial da capacidade de obrar, o dereito ao voto, o dereito á imaxe, o internamento involuntario, a responsabilidade civil e penal, etc.

En palabras do presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, “xa pasaron máis de 10 anos dende que publicamos a primeira guía xurídica, e moitas cousas cambiaron. Sen dúbida, a máis importante foi a publicación por parte das Nacións Unidas da “Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade Intelectual” que incide na obriga de que todas as persoas con discapacidade gocen dos seus dereitos e liberdades fundamentais como cidadáns de pleno dereito que son”.

A presentación da Guía Xurídica terá lugar o 27 de febreiro no Centro de A Banca (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela) e no acto participarán persoas con discapacidade intelectual que contarán en primeira persoa as súas experiencias en materia de reivindicación de dereitos, como a loita por recuperar o dereito ao voto, a capacidade de obrar ou a adaptación de sentenzas a lectura fácil para facilitar a súa comprensión.

A xornada de presentación será de balde, e aqueles interesados en asistir deberán remitir a ficha de inscrición á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prazo para a inscrición rematará o 20 de febreiro.

:: Programa da Xornada

16:30-17:00 horas. Recepción.

17.00-17.30 horas. Inauguración.

17:30-18:00 horas. Presentación da Guía Xurídica en lectura fácil.

18:00-18:30 horas. Pausa café.

18:30-19:30 horas. Experiencias de persoas con discapacidade intelectual.

- O dereito a voto.

- A capacidade de obrar.

- Adaptación de sentenzas: o caso pioneiro de Asturias.

19:30 horas. Clausura

FOLLA DE INSCRICIÓN