Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

PROBAS DE AVALIACIÓN NA ESTRADA:

LUGAR: Fundación Cultural 

DÍA: Mércores, 25 abril

HORA: 10.00

NÚMERO DE PRAZAS: 12

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Publicación DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180313/AnuncioG0177-070318-0003_gl.pdf

Read More

Consellería de Infraestruturas e Vivenda
RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada.

Calendario.

a) No ano 2018 realizaranse dúas convocatorias que terán lugar (preferentemente en sábado, domingo ou festivo) entre os períodos abranguidos entre:
– Primeira convocatoria: entre o 31 de marzo de 2018 e o 3 de xuño de 2018.
– Segunda convocatoria: entre o 6 de outubro de 2018 e o 2 de decembro de 2018.

b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán facelo a calquera das convocatorias, ou ás dúas sucesivamente; igualmente, en calquera delas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Os prazos de presentación de solicitudes establécense do seguinte xeito:

a) Primeira convocatoria: no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Segunda convocatoria: do 30 de xullo de 2018 ao 21 de agosto de 2018, incluídos ambos os dous días.

Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180313/AnuncioG0423-020318-0002_gl.pdf

Read More

Consellería de Economía, Emprego e Industria
RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código do procedemento TR306A).

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.

A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 23 de marzo de 2018.

Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180226/AnuncioG0424-200218-0001_gl.pdf

Read More
PROXECTO REDNAMAN: PROGRAMA EMPREGAVERDE, EIXO CREA

OBXETIVO:

Promover a iniciativa empresarial e mellorar a empregabilidade no sector productivo da mazá ecolóxica en espazos da Rede Natura.

Ampliar e mellorar o cultivo e a calidade de producción ecolóxica de mazá en zonas da Rede Natura.

ACCIÓNS:

O proxecto está conformado por dous tipos de accións formativas:

1.- FORMACIÓN PRESENCIAL (100 HORAS)

2.- FORMACIÓN A DISTANCIA (100 HORAS)

Estas dúas accións teñen como obxetivo analizar e expoñer as técnicas máis apropiadas para o óptimo manexo do cultivo ecolóxico da mazá.

Persoas destinatarias: persoas en situación de desemprego

máis información: www.unionsagrarias.org 

Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  ou no teléfono 981 530 500

 

 

Read More

PROGRAMA FORMACIÓN PARA A EMPREGABILIDADE- Área de Orientación Laboral, Campus Santiago-USC

Charla Informativa: mércores 28 febreiro
"PROGRAMAS DE PRÁCTICAS PARA A INICIACIÓN PROFESIONAL",

Ven a coñecer as oportunidades de prácticas no ámbito autonómico, nacional e internacional ás que poden acceder os estudantes e titulados para iniciar a súa andadura profesional.

Data : Mércores, 28 de febreiro de 2018
Horario: 10:00h-13:00h
Lugar: Vicerreitoría de Estudantes, Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. (Aula Verde). R/ Casas Reais, 8. Santiago de Compostela

ABERTA MATRÍCULA. Actividade gratuita.

 MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Read More

Cursos para traballadoras, autónomas e desempregadas que ofrecen comeptencias e habilidades que precisas para hoxe e para o traballo de mañá.

Tes a túa disposición máis de 400 cursos totalmente GRATUÍTOS e validados polo Ministerio de Emprego.

Inscríbete a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN