Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

O curso terá un total de 25 horas teórico- prácticas.

Desenvolverase na Estrada previsiblemente entre o 4 e o 26 de marzo.

O requisito para poder facelo é contar co certificado de discapacidade e estar en desemprego.

Todas as persoas participantes beneficaranse dunha bolsa diaria de 10 euros por día.

O lugar de residencia é indiferente.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando os seus datos ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando aos 981 554 483 - 687 936 858

Tamén se poden inscribir no enderezo electronico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 677 740.

Read More

O curso terá un total de 25 horas teórico- prácticas.

Desenvolverase na Estrada previsiblemente entre o 4 e o 26 de marzo.

Todas as persoas participantes beneficiaranse dunha bolsa de 10 euros por día.

O requisito para poder facelo é contar co certificado de discapacidade e estar en desemprego.

O lugar de residencia é indiferente.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando os seus datos ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando aos 981 554 483 - 687 936 858

Tamén se poden inscribir no enderezo electronico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 677 740.

Read More

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 18 de febreiro ao 24 de maio de 2019.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

RESOLUCIÓN

Read More

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 31 de decembro de 2018 pola que se realiza a segunda convocatoriaMpública para o ano 2019 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Esta orde ten por obxecto realizar a segunda convocatoria para o ano 2019, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de 1.350 prazas, nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 5.150 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas.
Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas.
Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
Docencia da formación para o emprego (SSC448_ 3): 100 prazas.
Operacións auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas.

Nesta convocatoria, a información e orientación necesarias para aquelas persoas que queiran participar no procedemento serán facilitadas nos seguintes puntos:
a) No Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos centros propios de Formación Profesional para o Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O prazo de inscrición será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES

 

Read More

Xa está aberto o prazo para inscribirse na meirande parte das accións formativas que a escola virtual de igualdade pon á túa disposición:

Tes cursos de NIVEL BÁSICO  de 30 horas de duración e CUSOS DE NIVEL AVANZADO de 65 horas de duración.

As accións formativas son moi completas, abarcan todos os ámbitos da igualdade e sobre todo ! moi necesarias nos tempos nos que vivimos!

Inscríbete na que máis che interese premendo no seguinte enlace

Read More

A proba de selección farase o día MARTES 5 de FEBREIRO ás 10hr.

As persoas interesadas que nos chamen antes (981 939 061 - 678 959 438) para informarse sobre  qué documentos precisan.

Requisitos de acceso:

Persoas de alta como demandante de emprego

Para acceder á formación de un CP de nivel 3, deberá cumprir algún dos seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativo e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder /ou dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

CURSO 100% SUBVENCIONADO +Becas asistencia. (Plano AFD, Xunta de Galicia)
Presencial, en Santiago de 09 a 14hr.

Data inicio 18 de febreiro, finalización en xuño ( con prácticas incluidas)

Prazas limitadas.

Inscripción inmediata (selección directa)

Teléfonos de información: 981 939 061 - 678 959 438

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.