Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More
NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS SMARTPEME PARA A SEMANA DO 27 DE ABRIL
  • Promociona o teu negocio con Google My Business

Cando: Lunes 27 de abril de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRIBETE

  • Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web

Cando: Lunes 27 de abril de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Como vender en Vinted

Cando: Martes 28 de abril de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Como vender os teus produtos en marketplaces

Cando: Mércores 29 de abril de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico

Cando: Mércores 29 de abril de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Vende os teus produtos en Facebook e Instagram

Cando: Xoves 30 de abril de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Intelixencia Artificial: que é e como funciona

Cando: Xoves 30 de abril de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

 

Read More
INJUVE- BEJOB: AULA GRATUÍTA PARA FORMACIÓN EN TIC

Injuve e Bejob apostan pola formación TIC dos/as mozos/as

Dentro do programa Talento novo, Injuve quere promover a formación e a empregabilidade xuvenil. Para iso, xunto a BeJob, abriron unha Aula Gratuíta para mozas, na que se ofrecerán cursos en diversas áreas do sector das tecnoloxías da información, dirixidos a formar perfís profesionais con elevada demanda de emprego.

ACCEDE AQUÍ

Read More
FUNDACIÓN TELEFÓNICA, CEOE E FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN LANZAN UN NANOGRAO GRATUÍTO DE 220 HORAS DE DURACIÓN PARA A DIXITALIZACIÓN DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN

Esta formación, gratuíta e en liña, de 220 horas de duración, está dispoñible desde hoxe, xoves 23 de abril, e consta de sete módulos, con temáticas como a Metodoloxía  BIM ( Building  Information  Modeling), introdución ao Big Data, o internet das cousas ( IoT), márketing dixital, ou o uso eficiente do  smartphone en xestión de proxectos.

O itinerario formativo “ Nanogrado Construción 4.0” é gratuíto e consta de sete módulos flexibles e 220 horas de formación, con coñecementos transversais comúns a calquera sector -márketing dixital, analítica web ou big data; uso eficiente do smartphone en xestión de proxectos e novas contornas e metodoloxías de traballo na industria 4.0-, e competencias específicas do sector -metodoloxía Building Information Modeling ( BIM), introdución ao Big Data, Internet das cousas ( IoT) ou os casos de éxito de dixitalización en empresas da construción-.

O sector da construción vai sumándose á dixitalización, impulsado por factores como: un novo tipo de clientes con expectativas cambiantes, unha renovada xeración de profesionais, novas opcións tecnolóxicas ou a posta en marcha de grandes proxectos de infraestruturas a escala mundial.

Segundo os datos do informe «Dixitalización no sector da construción: a revolución en marcha» da consultora multinacional Oliver Wyman, a transformación dixital desta industria podería supoñer ata un 25% de aforro en custos, xa que a información achegada axudará a xerar melloras, ser máis eficientes e optimizar recursos. Desde 2010, a industria da construción deu lugar a 1.200 startups, datos que marcan a tendencia cara á dixitalización do sector.

Fundación Telefónica, a través do seu programa “Conecta Emprego”, formará en competencias dixitais aos seus participantes desenvolvendo o itinerario formativo e conectaraos con empresas tecnolóxicas.  Pola súa banda,  CEOE liderará a coordinación con aquelas empresas, organizacións empresariais, organismos e entidades dos distintos sectores produtivos de España que estean interesados en formar parte do programa.

INSCRICIÓN

Read More
A TÚA EMPRESA VERASE AFECTADA POLA CRISE DO CORONAVIRUS? ENTÓN INTERESACHE ASISTIR A ESTA CHARLA EN STREAMING QUE ORGANIZA AJE PONTEVEDRA

A túa empresa verase afectada pola crise?

Entón interésache asistir á charla en streaming que organiza AJE Coruña

Cando? O martes, 21 de abril  ás 12:00.

E se queres prepararte antes, o programa de Talentium Interim Business Solutions regálache o ebook " GESTION DE EMPRESAS EN SITUACIÓN DE CRISE" na seguinte ligazón

Read More

Co obxectivo de aclarar os riscos laborais e coñecer as medidas preventivas a adoptar para o desenvolvemento da actividade de teletraballo, concretamente no domicilio particular, a Fundación acaba de lanzar un novo curso en liña gratuíto que se suma aos 40 cursos de curta duración que ofrece en aberto desde finais de marzo en diversas materias especializadas e relacionadas co sector.

INFORMACIÓN

INSCRICIÓN