Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

A Xunta de Galicia amplía as accións do seu plan de teleformación para o sector turístico, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CHSG), que programa este mes de abril cinco novos cursos gratuítos online tras celebrar outros tantos nas últimas semanas. O obxectivo desta iniciativa, a cargo de especialistas na materia e con capacidade para chegar ata a 2.000 usuarios/as da Comunidade, é facilitar ás persoas traballadoras á mellora en diferentes competencias como a xestión dixital, a comunicación e o márketing en liña.

Os dous novos cursos da vindeira semana serán impartidos polo experto en transformación dixital e desenvolvemento de negocio online Tirso Maldonado.

O primeiro deles, o luns 13 día, abordará a Implantación de CRM e email márketing para empresas turísticas, mentres que o segundo, previsto para o xoves 16, centrarase no Márketing dixital para restaurantes. En ambos casos comezarán ás 11,00 horas.

O luns 20 será a queda do emprendedor Celso Gómez, co faladoiro Como comunicar cos clientes das empresas turísticas superada a crise.

O xoves 23 impartirá o curso Boas prácticas no márketing dixital para saír da crise.

O programa actual, que poderá ampliarse en función da demanda, leva por título Google Analytics para hoteis e restaurantes e terá lugar o luns 29 a cargo de Tirso Maldonado. Sempre ás 11,00 horas.

Os docentes imparten formación específica e, ao realizarse en directo, responden ás dúbidas dos participantes. Así mesmo, ofrécese material informativo e documental e realízanse actividades de avaliación e ampliación dos coñecementos. A duración da actividade é de catro horas, das que ata dous corresponden a faladoiros en directo.

Formulario de inscrición
O programa completo de accións formativas está dispoñible no Espazo Profesional da web de Turismo de Galicia (aquí), onde as persoas interesadas poden acceder ao formulario de matrícula. Teñen participación prioritaria os/as propietarios/as de pequenas e medianas empresas, traballadores/as de bares, cafeterías, restaurantes, aloxamentos e outros establecementos hostaleiros así como outros profesionais do sector turístico.

Read More

Se traballas no sector comercio, ben en activo ou con ERTE, esta semana desde Adams teñen os seguintes cursos gratuítos online:

- Persoal shopper en comercio 80 horas
- Neuromarketing 25 horas

Información e inscrición Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More
WEBINAR COVID-19: A CRISE INESPERADA. IMPICACIÓNS ECONÓMICAS E EXPECTATIVAS DE SAÍDA

En SmartPeme queren seguir prestando axuda ao tecido empresarial da provincia de Pontevedra polo que queren convidarte a asistir o vindeiro martes 14 de abril, ás 10 horas, a un webinar que están a organizar acompañados por Jose María O´ Kean, Doutor en Economía pola Universidade de Sevilla, ademais de profesor asociado no IE Business School desde 1991 ata a actualidade.

A través desta ponencia, "COVID-19: a crise inesperada. Implicacións económicas e expectativas de saída", quérese ofrecer unha visión global das diferentes dimensións do impacto económico que está a producir, ademais de trasladar desde unha perspectiva práctica e construtiva, cales son os escenarios de saída e volta á normalidade para os negocios.

Se desexas asistir a esta sesión, soamente tes que inscribirte no seguinte formulario

Ao redor de media hora antes do inicio da sesión, faranche chegar ao correo electrónico que lles facilites na inscrición, a ligazón para unirse á sesión a través da ferramenta Zoom.

Quedan á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , no teléfono 886 202 020 ou a través das redes sociais de SmartPeme.

PARTICIPA! 

Read More

1.- CURSO DE VOLUNTARIADO NIVEL BÁSICO

2.- NOVAS TECNOLOXÍAS COMO FERRAMENTAS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS

3.- VOLUNTARIADO E TRANSFORMACIÓN SOCIAL

4.- APRENDIZAXE REFLEXIVA A TRAVÉS DA ACCIÓN VOLUNTARIA

INSCRIBETE

Read More

1.- GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA REDES SOCIAIS

Luns, 13 de abril de 12.00 a 13.00 horas

INSCRIBETE

2.- COPYWRITING APLICADO A WEB E REDES SOCIAIS

Luns, 13 de abril de 17.00 a 18.00 horas

INSCRIBETE

3.- ASÍ FUNCIONA WHATSAPP BUSINESS

Martes, 14 de abril de 17.00 a 18.00 horas

INSCRIBETE

5.- MARKETING DE CONTIDOS. APRENDE A DIFERENCIARTE DA COMPETENCIA

Mércores, 15 de abril de 12.00 a 13.00 horas

INSCRIBETE

6.- APRENDE A PROMOCIONAR A TÚA EMPRESA CON PINTEREST

Mércores, 15 de abril de 17.00 a 18.00 horas

INSCRIBETE

7.- QUÉ IMAXE DOU CO MEU INSTAGRAM

Xoves, 16 de abril de 12.00 a 13.00 horas

INSCRIBETE

8.- MOTORES DE RESERVAS PARA EMPRESAS TURÍSTICAS

Xoves, 16 de abril de 17.00 a 18.00 horas

INSCRIBETE

9.- COPYWRITING APLICADO A WEB E REDES SOCIAIS

Venres, 17 de abril de 12.00 a 13.00 horas

INSCRIBETE

Read More

- Alteracións dexenerativas, demencias e alzheimer 130h

- Coidados auxiliares de enfermería en xeriatría 60h

Información no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.