Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

A Xunta pon en marcha o programa formativo online gratuíto de apoio á internacionalización dixital dirixido a autónomos/as e pemes que desexen abordar cambios nas súas estratexias de introdución e consolidación das vendas nos mercados exteriores. Esta iniciativa forma parte do Plan de transformación dixital, que o Goberno galego vén de activar para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a súa adaptación á actual situación derivada do Covid-19.

Mediante oito talleres de orientación práctica e titorías individuais con expertos, esta iniciativa proporcionará ás persoas participantes capacitación neste eido, un servizo personalizado de orientación e o acceso á rede de contactos profesionais do Igape en diferentes países.

A partir do vindeiro 29 de maio e ata o 17 de xullo, todos os venres terán lugar as sesión formativas, de 9 a 11 h e a través da ferramenta de videoconferencia Zoom.

PROGRAMA E INSCRICIÓNS

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More

A Xunta pon en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, USA, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informarán ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecerán claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.

O primeiro dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o mércores 27 de maio, a partir das 10h e estará centrado nas vendas galegas en China. Representantes das compañías galegas Gabadi e Finsa expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada polo Covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX, a Cámara de Comercio da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que avanzarán nas claves que poden definir o comercio co país asiático no actual escenario.

PROGRAMA

INSCRICIÓN

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More
OBRADOIROS SMARTPEME SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO DE 2020
  • Facebook Ads

Cando: Luns 25 de maio de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Qué imaxe dou co meu Instagram?

Cando: Martes 26 de maio de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest

Cando: Martes 26 de maio de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Estratexia de palabras clave para posicionar o teu negocio online

Cando: Mércores 27 de maio de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • LinkedIn para empresas

Cando: Mércores 27 de maio de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Ferramentas dixitais para restauración

Cando: Xoves 28 de maio de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Debuxo 3D com Onshape II

Cando: Venres 29 de maio de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Read More
2ª CONVOCATORIA PILOTO DE PROXECTOS DE MOBILIDADE ERASMUS+ FP (BALCÁNS OCCIDENTAIS)

2ª convocatoria: Piloto de proxectos de Mobilidade Erasmus Plus para #FP (Balcáns Occidentais:; Albania, Bosnia Herzegovina, Montenegro, e Kósovo*)

 Data límite de presentación: 17 de xuño de 2020 - 12.00 h (hora de Bruxelas)

INFORMACIÓN

Read More
TELEFÓNICA EMPRESAS OFERTA FORMACIÓN GRATUÍTA A PEMES

O obxectivo é que coñezas sinxelas ferramentas dixitais para que poidas  teletrabajar desde calquera lugar.

CALENDARIO DE FORMACIÓN E INSCRICIÓNS