imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO E MEDIO QUE FORMAN PARTE DO CONSORCIO DE MOBILIDADE DO PROXECTO ERASMUS + 2025-1-ES01-KA121- VET-000332915

26. 11. 03

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 22 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2025-1-ES01-KA121- VET-000332915 no curso 2026/27 (código de procedemento ED322B).

Poderán concorrer a esta convocatoria as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Estar matriculadas durante o curso 2026/27 nun ciclo formativo de grao básico ou grao medio de formación profesional ou nun curso de especialización de formación profesional de grao medio, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, e estar en condicións de realizar un período de formación en empresa antes do comezo da mobilidade.

b) Ter obtido unha titulación de grao básico ou grao medio de formación profesional ou certificado dun curso de especialización de formación profesional de grao medio nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I durante os 12 meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.

As actividades susceptibles de ser financiadas mediante esta convocatoria son as seguintes:

a) Mobilidades para a aprendizaxe de curta duración (10 a 89 días), en que as persoas participantes pasarán un período de tempo no estranxeiro realizando prácticas formativas relacionadas coas ensinanzas cursadas.

b) Mobilidades para a aprendizaxe de longa duración (90 a 365 días), en que as persoas participantes pasarán un período de tempo máis extenso no estranxeiro realizando prácticas formativas relacionadas coas ensinanzas cursadas

A data de finalización das mobilidades financiadas ao abeiro desta convocatoria non poderá ser posterior á data de finalización ampliada do proxecto 2025-1-ES01-KA121- VET- 000332915, isto é, o 31 de maio de 2027.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261103/AnuncioG0761-231026-0001_gl.pdf