CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2025/26 (código de procedemento ED601A).
As axudas económicas irán destinadas a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar, que abarca, entre outros, os seguintes conceptos subvencionables:
a) O custo diario do menú por comensal e polos días da súa asistencia ao comedor, entendido como o servizo de comida ao mediodía.
b) A vixilancia e o coidado do alumnado durante o uso do servizo do comedor.
c) Os gastos de mantemento, persoal e limpeza.
d) Os gastos de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.
e) Os gastos ocasionados pola contratación por parte das asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.
En ningún caso se subvencionarán os almorzos ou merendas que se ofrezan nos servizos de comedor.
O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte ao da publicación. A hora de inicio será ás 9.00 horas e a hora de fin do prazo será ás 20.00 horas
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260831/AnuncioG0761-110826-0001_gl.pdf