NON DEIXES DE PARTICIPAR NESTE PROXECTO!!!!!
Acción contra el Hambre- Galicia en colaboración co Concello da Estrada pon á túa disposición de maneira TOTALMENTE GRATUÍTA, esta ferramenta que che permitirá poder ACADAR UN EMPREGO DE CALIDADE.
Na primeira fase de execución do programa, do total de 30 PERSOAS PARTICIPANTES, foron INSERTADAS NO MERCADO DE TRABALLO, 11.
Nova OPORTUNIDADE PARA MELLORAR A TÚA EMPREGABILIDADE:
Efecto Emprega é un proxecto de inclusión sociolaboral consistente na creación deitinerarios/equipos de traballo formados PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN DESEMPREGADAS OU CON EMPREGO PRECARIO, que ten por obxectivo mellorar as súas habilidades e competencias persoais, sociais e laborais coa finalidade última de promover o acceso ao mercado de traballo ou o seu posicionamento no mesmo.
O proxecto consiste no desenvolvemento de 5 equipos/itinerarios, coas que se leva a cabo intervención entre 2 e 6 meses aproximadamente.
Constitúe unha nova maneira de axudarlles, xa que favorece o desenvolvemento e mellora de competencias claves para o emprego como a motivación, o autocoñecemento, a comunicación ou a negociación a través deferramentas de coaching, acompañamento individualizado, voluntariado corporativo e intermediación con empresas.
As persoas participantes melloran as súas habilidades sociais e as súas competencias para o emprego. Unha parte da súa aprendizaxe é saber preparar un bo currículo ou facer unha boa entrevista, pero a maior parte supón coñecer as súas potencialidades, saber que obxectivo profesional queren alcadar, motivarse e mellorar asúa autoestima.
Así mesmo, tamén che botan unha man na HOMOLOGACIÓN DOS TÍTULOS PARA AS PERSOAS DE ORIXE EXTRANXEIRA.
MOI IMPORTANTE: podes participar ainda que te atopes en SITUACIÓN IRREGULAR
O programa levarase a cabo ata o 2027.
Se estás interesado/a en participar neste proxecto, ponte en contacto co departamento de Emprego do Concello da Estrada, pasándote directamente polas nosas oficinas ou chamándonos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas,
Tamén podes contactar directamente coa técnica do programa no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ou no teléfono 638 104 899