Se tes de 45 a 60 anos (inclusive) e buscas emprego acompañámoste no proceso.
Desde a Cámara de Comercio analizaran as túas necesidades e intereses para participar no Programa Talento 45+.
O programa Talento +45 das Cámaras de Comercio consiste nun itinerario formativo á túa medida.
A súa finalidade é mellorar as competencias dixitais/profesionais, co obxectivo de favorecer as túas posibilidades de inserción laboral.
Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 (POEFE).
REQUISITOS:
Residir na provincia de Pontevedra, concellos da demarcación da Cámara de Comercio PVV
Estar en situación de desemprego
Ter máis de 45 anos e ata 60
Dispoñibilidade para formación presencial de entre 120 e 150 horas (5 horas diarias)
Como funciona
Para solicitar a túa incorporación neste Programa acode á túa Cámara.
Terás un equipo de profesionais especializados en materia de emprego e formación, que realizarán un acompañamento activo ao longo de todo o proceso que consta de catro fases:
FASE I: Orientación A persoa experta en orientación do teu Cámara definirá a través dunha entrevista persoal o perfil (cualificación profesional, niveis de competencias, formación en función da actividade profesional) do participante.
Se a persoa participante necesita formación en competencias dixitais, profundarase en 5 competencias.
Tamén serán atendidas as necesidades formativas de actualización de coñecementos profesionais non dixitais.
A persoa experta en orientación determinará, de forma conxunta coa persoa participante, o itinerario para seguir e a formación máis adecuada a realizar no marco do programa segundo as necesidades profesionais ou de dixitalización.
FASE II: Formación en Competencias Dixitais ou Profesionais Tras a primeira fase de orientación e para facilitar a empregabilidade da persoa participante, o programa ofrece formación en competencias dixitais ou outras competencias axustadas a diferentes perfís laborais.
A Cámara poderá realizar formación modalidade presencial ou en modalidade on-line.
FASE III: Intermediación laboral Unha vez terminada a formación, a Cámara realizará un traballo de intermediación laboral, de forma que as persoas participantes conten coas mellores ferramentas para enfrontarse ao mercado de traballo (elaboración /actualización do currículo, simulación de entrevistas de selección de persoal, etc), favorecendo así as posibilidades de reinserción no mercado de traballo.
FASE IV: Axudas á contratación O programa Talento 45+ inclúe axudas á contratación como incentivo para que as empresas que desexen cubrir un posto de traballo contraten a persoas de 45 anos a 60 anos que estean desempregadas.
COMPETENCIAS DIXITAIS Ou OUTRAS COMPETENCIAS OBXECTIVO DA FORMACIÓN NO PROGRAMA TALENTO 45+
Alfabetización dixital, coa procura da información dixital, organización e almacenamento. Comunicación e colaboración, compartindo recursos para crear posteriormente contidos dixitais, tendo en conta principios de programación informática.
Seguridade, utilizando a tecnoloxía e a información dixital para a elaboración de datos de maneira segura.
Resolución de problemas, segundo as necesidades tecnolóxicas de cada perfil.
Competencias profesionais, actualización de coñecementos non dixitais relacionados coa actividade profesional.
LISTAXE DE FORMACIÓNS: https://ntfor.com/talento45/
LUGAR DE IMPARTICIÓN: A ESTRADA
TOTAL DE PRAZAS: 15
TODA A INFORMACIÓN: https://www.camara.es/formacion-y-empleo/programa-talento-45-mas
INSCRICIÓNS: https://ntfor.com/talento45/