imprimir

VALEDOR DO POBO CONVOCA 2 BOLSAS DE FORMACIÓN DESTINADAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSÍQUICA

26. 05. 13

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026 pola que se convocan dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica nesta institución.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir os seguintes requisitos:

• Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, sexa aplicable a libre circulación de persoas.

• Ser persoas con discapacidade psíquica.

• Posuír un grao universitario ou equivalente.

• Ter un coñecemento do galego como idioma propio de Galicia cun nivel Celga 4 ou equivalente.

• Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa nesta institución.

As bolsas terán a duración dun ano, desenvolveranse de forma simultánea e non poderán ser prorrogadas.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260513/AnuncioG2022-040526-0001_gl.pdf