imprimir

CONSELLERIA DO MAR CONVOCA 6 BOLSAS DE FORMACIÓN DE PERSOAL AUXILIAR EN MATERIA DE INVESTIGACIÓN MARIÑA

26. 06. 03

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 21 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan seis bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña (código de procedemento PE609B).

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do título de Técnico/a Superior dos Ciclos Formativos de Grao Superior o de Técnico/a dos Ciclos Formativos de Grao Medio dalgunha das especialidades que se relacionan: a) Familia Profesional: Química. Nivel: formación profesional de grao medio. Título: Técnico/a en Operacións de Laboratorio. b) Familia profesional: Química. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Laboratorio de Análise e de Control de Calidade. c) Familia profesional: Sanidade. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico. d) Familia profesional: Marítimo-pesqueira. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Acuicultura. As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a esta titulación no ano 2017 ou posterior.

2. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non estar a persoa incapacitada fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.

4. Non ter obtido a condición de persoa beneficiaria, nin desfrutado na súa totalidade ou en parte, de bolsas de formación con obxectivos ou contidos análogos aos da presente convocatoria, concedidas por calquera consellería ou entidade pública instrumental do sector público autonómico da Xunta de Galicia en exercicios anteriores, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a cinco (5) meses.

5. Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 3.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de mil euros (1.000,00 €)

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260603/AnuncioG0427-220526-0001_gl.pdf