imprimir

XUNTA DE GALICIA OS PREMIOS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

26. 06. 19

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 10 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2025/26 (código de procedemento ED311E).

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.423A.480.1 da Consellería que convoca, dos orzamentos do ano 2026, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio. A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260619/AnuncioG0761-100626-0001_gl.pdf