CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.
O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de seis (6) prazas do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2024.
Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260515/AnuncioG0597-080526-0009_gl.pdf

