CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento.
O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de vinte (20) prazas do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2025, á que se acumulan as provenientes da oferta de 2024, segundo se detalla:
– Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro): dez (10) prazas.
– Oferta de emprego público do exercicio 2025, aprobada polo Decreto 109/2025, do 1 de decembro (DOG núm. 235, do 4 de decembro): dez (10) prazas.
Resérvanse cinco (5) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.
As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260515/AnuncioG0597-080526-0010_gl.pdf

