CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos non xestionados por esta conellería e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento ED601C)
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias da axuda as persoas proxenitoras e as persoas titoras ou representantes legais do alumnado matriculado no curso 2025/26, nos niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial dos centros docentes sustentados con fondos públicos non universitarios do alumnado usuario dun comedor escolar non xestionado nin directa nin indirectamente pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
2. O alumnado deberá ser usuario do servizo de comedor escolar do centro no que se atope matriculado, con asistencia, polo menos, do 40 % dos días lectivos durante o curso escolar 2025/26.
Tipo de axuda e contía
A axuda consistirá nunha achega económica de pagamento único de 150 € por cada filla ou fillo usuaria/o do comedor escolar para aquelas familias con renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 6.000 €.
Estas axudas serán compatibles con outras subvencións, axudas ou ingresos, procedentes doutras administracións públicas, destinados á mesma finalidade, sempre que, en concorrencia con estas, non supere o custo do servizo de comedor escolar.
O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e será dun mes.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260626/AnuncioG0761-170626-0002_gl.pdf