O servizo de asesoramento e axuda en capacitación tecnolóxica e dixital da Deputación de Pontevedra, SmartPeme volve a toparse activo en todas as súas oficinas: Vigo, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Barro, Cambados e Lalín. De igual xeito, o servizo seguirá prestando atención na vila de A Estrada todos os segundos e últimos mércores de cada mes en horario de mañá (9.00 a 14.00h).
Este servizo, de balde para negocios e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra, axuda a que persoas autónomas, emprendedoras e pequenas e medianas empresas poidan mellorar os seus recursos dixitais e ser máis eficientes no seu día a día grazas á dixitalización.
Cales son as vantaxes do servizo?
- Axuda en creación de páxinas web ou modificación de webs xa creadas
- Axuda e orientación nas tendas en liña ou comercio electrónico
- Asesoramento e axuda en posicionamento en buscadores
- Axuda para mellorar redes sociais e mellorar o seu rendemento
- Axuda en imaxe corporativa
- Axuda e asesoramento tanto en marketing convencional coma en marketing dixital
- Axuda co email marketing
- Axuda e asesoramento en intelixencia artificial para automatizar procesos sinxelos
O asesoramento é totalmente personalizado. A través de sesións individuais, abordanse necesidades específicas relacionadas coa transformación dixital, competitividade e innovación do negocio.
Ofrece formación continua. A través de obradoiros e actividades formativas, tanto presenciais como en liña, sobre diversas temáticas como xestión de redes sociais, comercio electrónico, ciberseguridade e máis.
Rede de Puntos de Atención. Conta con varias oficinas distribuidas estratéxicamente en toda a provincia, facilitando o acceso aos seus servizos en diferentes comarcas.
VISITAS MES DE ABRIL:
Mércores 2
Mércores 30
Pide a túa cita premendo na seguinte ligazón: https://calendly.com/smartpeme_lalin/asesoramento-tic?back=1&month=2025-02
Podes atopar o servizo todos os segundos e últimos mércores do mes no concello de A Estrada, no Viveiro de Empresas do Concello da Estrada.
SmartPeme é un recurso valioso e de balde para autónomos, empresas e emprendedores que busquen mellorar a súa competitividade e adaptarse ás esixencias do mercado actual mediante a incorporación de novas tecnoloxías e prácticas innovadoras.