imprimir

ENTRA EN VIGOR A NORMA QUE PERMITE COMPATIBILIZAR UN TRABALLO A XORNADA COMPLETA COA PERCEPCIÓN DO PARO

25. 03. 27

As persoas desempregadas que cobran o paro (prestación contributiva) do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) poden compatibilizar a súa prestación se atopan un traballo. Aínda que esta compatibilidade está actualmente limitada a que o traballo sexa a tempo parcial. Unha normativa que vai cambiar o vindeiro martes 1 de abril e que mellora esta compatibilidade.

A partir do 1 de abril de 2025, entra en vigor unha medida que permitirá aos desempregados/as compatibilizar a súa prestación por desemprego cun traballo, mesmo se é a xornada completa. Ata o de agora, esta posibilidade só existía para aqueles que atopaban un emprego a tempo parcial.

Esta nova medida, recollida na Real Decreto-lei 2/2024 e publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), introduce o chamado complemento de apoio ao emprego, que permitirá a certos traballadores/as seguir cobrando parte da súa prestación mentres traballan.

Requisitos para compatibilizar paro e emprego

Non todas as persoas desempregadas poderán acceder a esta axuda.

Para beneficiarse do complemento de apoio ao emprego, será necesario cumprir dúas condicións:

Límite de ingresos: O salario do novo emprego non poderá superar o 225% do IPREM, o que equivale a 1.350 euros mensuais.

A partir de 2026, este límite aumentará ata o 375% do IPREM. Duración do paro previo:

Só poderán acceder quen teña aprobada unha prestación por desemprego de polo menos 12 meses e que xa transcorresen 9 meses desde o inicio da cobranza.

 

Contía e duración da prestación compatible

A cantidade que o desempregado/a poderá seguir cobrando mentres traballa variará segundo o tempo que leve recibindo a prestación e o tipo de xornada laboral.

cuantía y duración del complemento de apoyo al empleo aplicable a las prestaciones contributivas | Fuente: BOE

Duración máxima: 180 días (6 meses), sempre que a persoa beneficiaria aínda teña prestación dispoñible.
 
Contía da axuda: Oscilará entre o 80% do IPREM (480 euros mensuais) e o 15% do IPREM (90 euros mensuais). Esta última porcentaxe aplicará cando o desempregado/a estea nos dous últimos meses da súa prestación.
 
Parar a prestación por desemprego
 
En caso de non querer compatibilizar a prestación por desemprego, mantense a opción de suspender a prestación e poder reactivala no caso de en un futuro volverse a atopar en situación legal de desemprego. É moi importante, tanto se se decide compatibilizalo coma se non, comunicar ao SEPE que se atopou traballo e solicitar a compatibilidade se se cumpren os requisitos ou que suspenda a prestación.
 
 
SE non se fai, o SEPE seguirá ingresando a prestación o que levará a cobranza indebida coas sancións correspondentes.
 
*FONTE: empleojob.es