SELECCIONAN UN/HA EMPREGADO/A DE COCIÑA (SILLEDA)

21. 05. 05

Requisitos:
-Experiencia de polo menos 1-2 anos en posto similar, preferentemente en cociñas de gran volume de traballo, valorándose moi positivamente que fose en colectividades, organizadas con traballo en liña e con funcións similares.
-Formación profesional de grao superior en cociña e restauración/hostalería.
-Coñecementos da cociña tradicional galega.
-Dispoñibilidade para traballar a quendas de mañá e tarde, en función do horario das diferentes liñas de produción.
-Coñecementos de APPCC e seguridade alimentaria.
- Persoa moi activa con alta capacidade de traballo e concentración e con habilidades para dirixir e coordinar equipos no futuro.
- Deberá ter clara vocación cara á hostalería e interese por desenvolver un traballo dentro do sector das grandes colectividades.

Ofrecen incorporación a xornada completa a unha compañía en proceso de crecemento e expansión.

Persoas interesadas enviar currículo ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.