Desde CENAFORM informan da nova oferta de Certificados de Profesionalidade que iniciarán en MARZO na sede de Santiago de Compostela.
Están dirixidas prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego e contan con diferentes niveis de acceso:
- Auxiliar Administrativo/a (nivel 1 - Non se requiren estudos previos). Modalidade presencial en Santiago de Compostela.
- Habilitación para a docencia nos graos A, B e C do sistema de formación profesional (nivel 3 - Requírese título de bacharelato ou equivalente). Modalidade de teleformación con titorías e exames presenciais en Santiago de Compostela.
- Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría (nivel 3 - Requírese título de bacharelato ou equivalente). Modalidade de teleformación con exames presenciais en Santiago de Compostela.
Todos os cursos son gratuítos e as persoas participantes poderán acceder a bolsas e axudas por transporte, discapacidade, conciliación (fillos menores de 12 anos ou persoas dependentes ao seu cargo), violencia de xénero e familia numerosa ou monoparental no caso de atoparse nalgunha destas situacións.
Para máis información ou inscricións, poden contactar a través do enderezo electrónico
ou chamando ao teléfono 604 551 371
Desde o Plan de emprego de Cruz Vermella Pontevedra,van levar a cabo un novo Curso de "Profesional de Produtos Frescos" (90 horas)
Poderás desempeñar funcións crave como dependente/a, nas diferentes seccións dun supermercado; carnicería, charcutería, peixaría, frutería e/o panadería.
📅 Do 3 de marzo ao 27 de marzo
🕘 Horario: 9:00 a 14:00 h. De luns a venres
📍 Nun centro de formación en Pontevedra
📢 Con posibilidade de prácticas en empresas.
Persoas interesadas contactar:
No teléfono 986 852 115 Ext. 61261
No enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Dende o IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ facitanche a obtención do título da ESO.
Podes conseguilo matriculándote na EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (ESPA), se NON TES ESTUDOS ou os que fixeches NON ESTÁN CONVALIDADOS.
O título da ESO ábreche portas en empresas, formación profesional, oposicións.
Grupos reducidos, ambietne adaptado a persoas adultas e apoio do profesorado.
INFORMACIÓN PÚBLICA, GRATUÍTA E DE CALIDADE
Persoas interesadas contactar no teléfono: 886 151 924 ou no enderezo electrónico: iesantonlosada.gal
AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.
Convocar os dous (2) plans de actividades formativas que se relacionan no anexo I desta convocatoria cos 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación, que terán lugar na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua.
As actividades formativas dos plans presentados nesta edición forman parte do itinerario ComDix-Iniciación e teñen validez para a obtención da certificación ComDix-Iniciación, unha vez completado o itinerario de 250 horas que conforma a dita certificación.
Poderán participar nestas actividades formativas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
O prazo para a inscrición no Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.pdf
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de inscrición será ata o 2 de marzo de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.pdf