CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA DÚAS BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA DE VELÁZQUEZ EN MADRID

21. 07. 14

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.100 euros mensuais. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que procedan, de conformidade co establecido no Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como ao réxime de cotización establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

As actividades iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base décimo terceira desta convocatoria. A duración de cada unha das bolsas será de tres (3) meses e a data estimada de comezo é o 15 de setembro de 2021 e a de remate, en calquera caso, o 30 de decembro de 2021. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun (1) mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210714/AnuncioO111-020721-0001_gl.pdf