FUNDACIÓN GALICIA EUROPA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN DIRIXIDAS A PERSOAS CON TÍTULO UNIVERSITARIO OU CON TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

24. 04. 29

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).

O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once (11) meses.

Nestas bases reguladoras prevense tres modalidades de bolsas:

a) Bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.

b) Bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.

c) Bolsas destinadas a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.

As persoas candidatas só poderán presentarse a unha destas modalidades de bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, de acordo cos anexos que acompañarán á correspondente resolución de convocatoria, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240423/AnuncioG0690-150424-0001_gl.pdf