EGAP CONVOCA BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA A XESTIÓN DE PROCESOS DE AVALIACIÓN E CALIDADE

24. 05. 21

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade (código de procedemento PR770P).

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa candidata seleccionada ao desempeño da bolsa na EGAP, tal como se dispón na base décimo cuarta, e f inalizarán o 31 de decembro de 2024.

O importe da bolsa será de 2.200 € brutos cada dous meses, que se farán efectivos, tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. No caso de producirse a incorporación ou o cesamento nun día distinto ao primeiro ou ao último de cada mes, a persoa bolseira percibirá o importe que proporcionalmente corresponda ao número de días que desfrute da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240521/AnuncioO150-060524-0001_gl.pdf