ABERTA A IV CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE AXUDAS REINA LETIZIA PARA A INCLUSIÓN

24. 07. 09

Xa está aberta a IV Convocatoria do Programa de Axudas Reina Letizia para a Inclusión, que concede axudas económicas directas a persoas con discapacidade para garantir a súa formación en condicións de igualdade.

Estas axudas contemplan Bacharelato, ensinos artísticos e deportivos, Formación Profesional, escolas oficiais de idiomas e universidades, e conta coa colaboración de Fundación ONCE.

Os apoios económicos inclúen transporte, aloxamento, asistencia persoal, intérpretes de lingua de signos, guías-intérpretes para persoas xordocegas, tecnoloxía, preparación de oposicións, máster, logopedia, fisioterapia, matrículas, taxas de exames etc.
 
O orzamento da convocatoria é de 5,5 millóns de euros.
 
Poderanse solicitar e recibir axudas ata 10.000 euros por persoa.
 
O prazo para solicitalas está aberto ata o 22 de xullo de 2024.
 
Para beneficiarse destas axudas hai que cumprir estes tres requisitos:
• Ter nacionalidade española ou residencia legal en España.
• Dispoñer do certificado de discapacidade legalmente recoñecida, igual ou superior ao trinta e tres por cento.
• Iniciar ou estar a cursar estudos ou actividades formativas.
 
Se tes discapacidade e queres estudar ou seguir facéndoo non podes deixar pasar esta oportunidade.
 
Para acceder á convocatoria, pica aquí: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.rpdiscapacidad.gob.es/documentos/prli/IVED/ConvocatoriaIVED.pdf
 
Se tes algunha dúbida, escribe a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
 
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.rpdiscapacidad.gob.es/documentos/prli/IVED/ConvocatoriaIVED.pdf