CONVOCAN 3 BOLSAS DE FORMACIÓN SOBRE COMUNICACIÓN INTERNA E EXTERNA RELACIONADA COA ACTIVIDADE DO SENADO

24. 09. 30

Acordo do 24 de setembro de 2024, da Mesa do Senado, polo que se convocan bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, relacionada coa actividade oficial do Senado para o ano 2025.

As bolsas outórganse cunha duración dun ano (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2025) e consistirán en doce pagos por meses vencidos de mil setenta e cinco (1.075) euros brutos

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará ás 24:00 horas do día 17 de outubro 2024.

https://www.boe.es/boe/dias/2024/09/30/pdfs/BOE-A-2024-19616.pdf