O MUSEO DE ARTE REINA SOFÍA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN

21. 03. 23
  • Bolsas no departamento de Coleccións

Por unha banda, convocouse unha bolsa de investigación no departamento de coleccións para investigar nos fondos da colección deste museo, concretamente, na especialidade de arte latinoamericana. A dotación desta bolsa é de 24.000 euros brutos.

Para acceder a esta bolsa é necesario ser graduado/a en Xeografía e Historia ou en Historia da arte, e valorarase positivamente ás persoas candidatas que conten con experiencia no comisariado de exposicións ou en bases de datos museográficas.

Así mesmo, convócase unha bolsa de coordinación-investigación no departamento de coleccións, destinada a graduados/as en Historia da arte que obtivesen o seu título no 2008 ou en anos posteriores. Esta bolsa está dotada cunha contía bruta anual de 21.000 euros.

  • Bolsa en Exposicións

Outra modalidade de bolsa é a de investigación no departamento de exposicións para levar a cabo investigacións en arte contemporánea nacional e internacional. Nesta modalidade convócanse dúas bolsas que estarán dotadas con 24.000 euros brutos cada unha delas.

As persoas aspirantes a estas bolsas deben contar cun título de grao en Xeografía e Historia ou en Historia da arte, e valorarase positivamente a súa experiencia investigadora no ámbito da arte contemporáneo.

Outra modalidade de bolsa é da coordinación-formación no departamento de exposicións destinada á formación na coordinación de exposicións temporais. Nesta modalidade convócase unha axuda que está dotada con 21.000 euros brutos.

As persoas aspirantes deben contar cun grao en Historia da arte ou Humanidades e finalizar estes estudos en 2013 ou en anos posteriores. Ademais, valorarase positivamente ter experiencia profesional na coordinación de exposicións de arte contemporánea.

Tamén se convoca unha bolsa de formación museística no departamento de exposicións, no ámbito das exposicións temporais do museo. Esta bolsa diríxese a graduados/as en Historia da arte que obtivesen o seu título no ano 2014 en diante e está dotada cunha contía brutal anual de 18.000 euros.

  • Bolsas de Prensa

Tamén se convocaron dúas bolsas de coordinación-formación no departamento de prensa deste museo, destinada a persoas licenciadas ou graduadas en Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Belas Artes ou Historia da arte. Estas bolsas están dotadas con 21.000 euros brutos.

  • Bolsas en Desenvolvemento Estratéxico

Outra das bolsas convocadas é a de coordinación-formación no departamento de desenvolvemento estratéxico, comercial e públicos do museo. Neste caso, convócanse un total de catro axudas que estarán dotadas cunha contía bruta anual de 21.000 euros.

As bolsas van destinadas a graduados/as en Historia da arte, Belas Artes ou Humanidades, que obtivesen o seu título en 2012 ou en anos posteriores.

  • Bolsas de Biblioteconomía e Documentación

Finalmente, convócanse tamén dúas bolsa de formación en biblioteconomía e documentación na biblioteca e centro de documentación deste museo.

Estas bolsas van destinadas a persoas tituladas en Biblioteconomía e Documentación no Información e Documentación que obtivesen o seu título universitario no ano 2014 ou posteriores. As bolsas están dotadas cunha contía de 18.000 euros brutos.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Museo Reina Sofía ata o próximo 1 de abril de 2021, inclusive.

https://museoreinasofia.sede.gob.es/