VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (códigos de procedemento PR410A e PR410B).

Efectúase a presente convocatoria para a ampliación e actualización das tres bolsas de ámbito autonómico que entraron en vigor o 13 de agosto de 2019 para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia en cada unha das seguintes subescalas:
a) Secretaría-Intervención.
b) Intervención-Tesouraría, categoría de entrada.
c) Secretaría, categoría de entrada.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210526/AnuncioG0595-180521-0003_gl.pdf