Resolución do 24 de xuño de 2021, da Deputación Provincial de Ourense, referente á convocatoria para prover postos de traballo polo sistema de concurso.
 
No «Boletín Oficial da Provincia de Ourense» número 121, do 31 de maio de 2021, con corrección no número 127, do 7 de xuño de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover mediante concurso:
 
Un posto de Xefe da Sección de Estudos e Proxectos (Área de InfraestructurasServicio de Vías e Obras), pertencente á escala de Administración Especial,
subescala Técnica, clase Media. Categoría profesional: Enxeñeiro/a técnico/a de Obras Públicas.
 
Un posto de Xefe de Zona (Área de Infraestruturas-Servizo de Vías e ObrasSección de Conservación e Explotación), pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Media. Categorías profesionais: Enxeñeiro/a técnico/a de Obras Públicas. Técnico/a Prevencionista en Seguridade no Traballo (con titulación técnica).
 
Un posto de Xefe de Servizo de Augas e Medio Ambiente, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior/Media. Categorías profesionais para a clase de Técnico Superior: Enxeñeiro/a de Obras e Servizos. Enxeñeiro/a Industrial. Técnico Superior de Laboratorio. Categorías profesionais para a clase Técnico Medio: Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas. Técnico/a Especialista no medio Ambiente.
 
Un posto de Xefe de Negociado de Administración (Área de Medio Ambiente), pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa.
 
Un posto de Supervisor/a Forestal. (Área de Medio Ambiente-Servizo de Medio Rural-Sección de Zonas Verdes), pertencente á escala de Administración Especial,
subescala Técnica, clase Técnico Auxiliar. Categoría profesional para persoal funcionario: Técnico Auxiliar Agrícola. Categoría profesional para persoal laboral: non se específica..