Procesos selectivos para a formación de dúas Bolsas de Emprego:

1.- Enxeñeiro de camiños, canais e portos, subgrupo A1, a executar segundo o indicado no apartado primeiro do presente acordo.

2.- Enxeñeiro industrial, subgrupo A1, a executar segundo o indicado no apartado primeiro do presente acordo.

O sistema de selección para estas bolsas de traballo será o de concurso, segundo a previsión dos criterios de xestión de listas de reserva (acordo XGL 16/07/2021), consistindo valoración de méritos segundo a natureza e función dos postos de traballo que vaian desenvolver de acordo coas bases específicas.

As solicitudes dirixirase á Excma. Alcaldía-Presidente do Concello de Vigo e presentarase no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/08/17/2021041178