É obxecto da presente convocatoria a selección de persoal para a formación de bolsa de persoal interino de Técnico Medio en Relacións Laborais, subgrupo A2 de titulación, Escala de Administración Especial, que permita o nomeamento interino nas modalidades contempladas no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (en adiante, TREBEP).

O sistema de selección na presente convocatoria será o de concurso.

As solicitudes dirixiranse á Excma. Alcaldía-Presidencia do Concello de Vigo, debendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia deberá achegarse únicamente a documentación específicamente referida na Base II anterior (“Condicións dos aspirantes e acreditación documental”) así como a xustificación documental dos méritos aportados.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/09/27/2021046952