Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022 pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Convócanse probas selectivas para cubrir catorce (14) prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

As prazas correspóndense coa oferta xeral de emprego público.

Do total de prazas convocadas resérvanse tres (3) para seren cubertas por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %.

As prazas reservadas a persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás da quenda xeral de acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220503/AnuncioG2018-190422-0002_gl.pdf